No ano 1992, aproveitando a existencia dunha presa e un canal de derivación de auga para un muíño, decidiuse acondicionar este canal para a cría de troitas.
Unha vez acondicionado, comezouse coa fase experimental, o engorde de troitas, partindo da compra de alevíns procedentes de distintas piscifactorías.

Este lugar é idóneo pola calidade da auga e pola baixa temperatura da mesma, xa que se atopa na zona alta do río Miño, preto do seu nacemento en Fonmiñá.

Dous anos máis tarde, despois de ver os bos resultados obtidos, constrúense novas instalacións, nunha finca de 10000 m² ó marxe da estrada que une Paraxes coa Mariña Lucense en Crecente (A Pastoriza). Estas son as instalacións de ciclo completo da piscifactoría actual, que tamén inclúen un lago de pesca.